FANDOM


Son Goku (孫悟空, Son Goku), tamén chamado soamente Goku ou Gokuh, é o personaxe principal do manga e anime Dragon Ball e un dos saiáns superviventes da destrución do planeta Vexeta, o seu nome saiyan nativo é Kakarot (カカロット, Kakarotto).

Visión Global Editar

Etimoloxía Editar

O nome "Goku" está composto en xaponés polos caracteres: 悟 (Go) que significa "percepción" e 空 (Kū) que significa "ceo" ou "baleiro". O seu nome completo "Son Goku" é a pronunciación xaponesa do nome chinés de Sun Wukong (Simplificado: 孙悟空, Tradicional: 孫悟空, Pinyin: Sūn Wùkōng, Jyutping: syun1 ng6 hung1), o personaxe principal na novela chinesa "Viaxe ó Oeste", na que se baseou lixeiramente o personaxe de Son Goku. O nome nativo de Goku é Kakarot, que procede dunha deformación da palabra "carrot", cenoria en inglés.

Aspecto Editar

Mide 1,75 m e pesa uns 62 Kg de adulto, ten o cabelo de cor negra con picos e un brillo gris, el cual en su forma base e en Saiyan máis Alá de Deus permanece sen alteración ó longo de toda a serie. O seu cabelo só cambia de aparencia nas súas transformacións como Súper Saiyan.

Son Goku Flashback

Son Goku de neno nun flashback de Dragon Ball Super.

A forma máis común de velo vestido é lucindo o seu tradicional Gi de artes marciais, o cal varía de cor vermello-laranxa a laranxa cálido, e que ten a xogo unha camiseta de mangas curtas de cor azul mariña. Adoitaba levar unha cinta Obi de cor azul, cambiada posteriormente a un sash da misma cor. Ó comezo, o Gi ten o kanji da Escola Tartaruga; tamén empregou un Gi sen nada visible; e o primeiro kanji do seu nome "Go". A xogo coa súa indumentaria, Goku luce bonequeiras de cor azul, zapatos chineses de artes marciais (de neno) e botas de cor azul mariña con bordes de cor amarela ou vermella e lazos de cor beige; durante o seu adestramento con Kami levou unha vestimenta azul clara co cabelo enrolado nunha tea branca que cambia máis tarde polo seu Gi. Ó principio de Dragon Ball, Son Goku preséntase por primeira vez levando un Gi azul con pulseiras vermellas, un obi branco atado nun arco sobre a súa cintura con zapatos azuis escuros de kung fu. De neno, tamén utiliza o Bastón Máxico e ten un rabo debido á súa orixe Saiyan. Comezando no 21º Torneo Mundial de Artes Marciais e durante a maioría de Dragon Ball, Goku usa o Gi básico da escola tartaruga como a súa principal vestimenta ata despois do seu adestramento con Kami e o Sr. Popo. No 23º Torneo Mundial de Artes Marciais e durante o resto de Dragon Ball, Goku queda espoliado do seu rabo permanentemente por Kami (a través de métodos descoñecidos) e leva unha actualización do seu Gi que conta coa mesma camiseta curta e botas que se converten en parte do seu traxe característico ó longo de Dragon Ball Z.

A pesares de ser un Saiyan, Goku nunca preferiu empregar a mesma armadura que os seus predecesores, que normalmente levavan mentres servían como exército do Imperio de Freezer, debido á súa devoción pola Tierra. O único momento notable no que utilizou unha Armadura de combate foi durante o seu adestramento con Son Gohan dentro da Sala do Espírito e o Tempo. Este conxunto de armadura era idéntico ó que Vexeta usaba nese momento. Tan pronto como rematou o seu adestramento, Goku cambiou de novo á súa ropa habitual, alegando que quería loitar como todo un Terrícola.

DB Super Golden Freezer
En Dragon Ball Super, mentres foi discípulo de Whis na Saga da Resurrección de 'F' e a Saga do Universo 6, cambia a un traxe laranxa cálido coa sinatura de Whis, e sen camiseta por baixo. Porta uns brazaletes longos de cor celeste no canto de bonequeiras e unhas botas da mesma cor con punta e adornos grises, parecidas ás do Trunks do Futuro.

Na Saga de Freezer e na película de Dragon Ball Super, Son Goku leva posta unha vestimenta similar ó seu dogi clásico co kanji “Go” cunha cinta de cor azul solta. Na película Goku ten o dogi laranxa dunha cor máis clara ca que usa normalmente no anime.

Na Saga da Prisión Planetaria de Super Dragon Ball Heroes Universe Mission, Son Goku utiliza un dogi laranxa, botas e bonequeiras azuis cunha cinta solta similares ás que levou na Saga do Universo 6, coa diferenza de que esta ten unha camisa azul por baixo do dogi e o logo da Corporación Cápsula no peito.

Ó final de Dragon Ball Z, Son Goku leva un novo Gi cor celeste-turquesa cun cinturón branco, pulseiras alaranxadas, pantalóns verde escuro e zapatos negros de artes marciais con medias laranxas.

En Dragon Ball GT, o ton de pel de Son Goku cambia dun pálido a un máis escuro. O seu traxe é similar ó que vestiu ó final de DBZ só que nesta ocasión as súas cores difieren un pouco, o seu Gi é azul cun cinturón branco, usa brazaletes rosa, pantalóns ocre e zapatos negros de kung fu con medias brancas. Nesta entrega, Son Goku regresa á súa aparencia de neno, debido a un desexo que Pilaf accidentalmente pediu ó Shenron Definitivo. Máis tarde, coa axuda do Kaio-shin Ancián, vólvelle crecer o rabo para poder ter máis poder, pero este non se volve ver cando Son Goku é adulto de novo ó final de Dragon Ball GT.