Wikia Bola do Dragón
Advertisement

O Planeta Vexeta (惑星ベジータ, Wakusei Bejīta), anteriormente coñecido como Planeta Plant (惑星プラント, Wakusei Puranto), era o planeta natal dos Plantianos e dos Tsuful aínda que máis tarde é conquistado e colonizado polos Saiyans.

En Dragon Ball GT, Bebé desexa ante Ultimate Shenron que o Planeta Vexeta sexa restaurado no sistema solar da Terra. Tras ser restaurado Bebé cámbialle o nome a Planeta Tsuful (ツフル星 Tsufuru-sei), tamén chamado Novo Planeta Plant.

Descripción[]

O Planeta Vexeta é visto en poucas ocasións no anime e no manga. Sábese que posúe polo menos dez veces a gravidade do Planeta Terra (tanto se isto significa que o Planeta Vexeta é un mundo físicamente máis grande, simplemente máis denso, ou as dúas, non foi explicado). Esta intensa gravidade dálles ós Saiyans a súa resistencia e forza naturais. Os Tsufuls, a outra raza do Planeta Vexeta, parece ter evolucionado de xeito diferente grazas a teren corpos máis pequenos ós que a gravidade afecta en menor medida.

No anime, o Planeta Vexeta parece ser un mundo árido e desértico cun ceo amerelo/vermello no canto de azul. Ten polo menos dous satélites naturais, e hai unha lúa chea cada 100 anos ou 8 anos (dependendo da dobraxe).

Parece que o Planeta Vexeta estaba en ruínas hai uns 100 anos antes de que Vexeta e Nappa aterrasen na Terra. Usando a Habitación do Tempo nun segmento exclusivo do anime, Krilin, Tenshinhan, Yamcha, e Chaoz viaxan ó planeta espiritualmente, só para recibir unha paliza das dúas ilusións de saiyans que alí había, Brocco e Panbukin, quen din "Ninguén vén a Vexeta!" durante o seu encontro cos Guerreiros Z. Os catro loitadores parecen non atoparse baixo a influencia dunha maior gravidade mentres están alí. Non obstante, isto só é unha experiencia espiritual, e despois regresan ilesos. Categoría:Planeta

Advertisement