FANDOM


Freezer (フリーザ, Furīza), tamén coñecido como Freeza é un alien líder dunha Organización Interplanetaria de Comercio xunto co seu irmán máis vello, Cooler (só nas películas), e en segredo, o seu pai Rei Cold.

É responsable da morte dos pais de Son Goku, do pai de Vexeta e da maior parte dos Saiyans.

É o antagonista principal da Saga de Freezer.

Visión Global Editar

Etimoloxia Editar

O seu nome prodece da palabra inglesa "Freezer" que quere dicir conxelador. Curiosamente tódolos membros da súa familia teñen nomes asociados co frío.

Creación e Aparenza Editar

Segundo Akira Toriyama, Freezer está inspirado nun monstro que imaxinaba de neno. Segundo Daizenshuu, Freezer está inspirado polo segundo editor de Toriyama: Kondo Yuu.

Freezer é o primeiro vilán importante na etapa adulta da vida de Son Goku coa capacidade de se transformar en varias fases. Isto serve para (como confirmou Vexeta na serie) manter estabilizado seu gran poder que é incapaz de controlar. A forma final de Freezer é, polo tanto, a súa forma real, e a máis forte das catro apariencias que asume o Vilán da serie, sendo as tres anteriores contedoras de seu gran poder. As formas de Freezer parecen xirar en torno a conceptos occidentais (como a súa terceira forma que se asemella a un alien xenomorfo) e orientais (coma a súa segunda forma vagamente reminiscente dun oni).

Segundo unha entrevista realizada pola Shonen Jump a Toriyama, fixo a cuarta forma de Freezer máis pequena e aparentemente inofensiva porque Toriyama quería loitar contra a preconcepción de que os personaxes poderosos son sempre máis grandes e fortes.

Personalidade Editar

Freezer e moi frío e arrogante, sempre lle gustou facer dano ós demais e facelos sufrir ata a súa morte, tamén é moi orgulloso aínda que inseguro por iso destrúe á grande maioría dos saiyans por medo ó lendario Súper Saiyan.

Historia Editar

Orixes Editar

Nom se sabe en que ano naceu Freezer, pero a súa existencia data polo menos do Ano 731. Freezer neceu como fillo do Rei Cold. Tamén se sabe que tiña un irmán chamado Cooler (exclusivo de películas). Freezer adestrou en ocasións co seu pai, o cal lle parecía "divertido".

Eventualmente, Freezer e o seu irmán convirteronse en líderes dunha Organización Interplanetaria de Comercio, aínda que o seu verdadero líder fose Cold, quedou en segredo a presencia do seu pai.

Alianza cos Saiyans Editar

Comezo da Alianza Editar

No 731, Freezer viaxou ó Planeta Vexeta, onde se atopou co Rei Vexeta e formaron unha alianza na que, a cambio de tecnoloxía, os Saiyans nativos do planeta traballarían para a organización conquistando planetas para Freezer.

Con todo, os Saiyans facíanse moito máis fortes despois de cada batalla debido ás características da súa especie, espertando temor en Freezer no ano 735, aínda que non lle deu importancia.lt:Fryzas