FANDOM


O guerreiro misterioso
Episodio 1 (DBZ)
← Anterior Episodio 1 Seguinte →
Información
Xaponés ミニ悟空はおぼっちゃま! ボク悟飯です
Romaji Mini Goku wa Obotchama! Boku Gohan Desu
Tradución Mini Goku é un consentido! Eu son Gohan
Máis Información
Tempada
Dragon Ball ZBDZ
Arco Arco dos Saiyans
Saga Saga de Raditz
Opening Cha-La Head Cha-La
Ending Detekoi Tobikiri Zenkai Power!
Estrea no Xapón 26 de Abril de 1989
Estrea en galego 16 de setembro de 1991
O guerreiro misterioso (ミニ悟空はおぼっちゃま! ボク悟飯です, Mini Goku wa Obotchama! Boku Gohan Desu, lit. Mini Goku é un consentido! Eu son Gohan) é o episodio 1 de Dragon Ball Z. Estreouse en galego o 16 de setembro de 1991.

Resumo Editar

Cinco anos despois de que Son Goku derrotase a Piccoro en combate, unha nova ameaza achégase á Terra.

Nave Raditz

O obxecto estraño despois de aterrar

Despois de casar, Goku e Chichi tiveron un fillo, Son Gohan. A muller anda na procura do seu fillo, pero non sabe onde se meteu. Goku, mentras, foi a apañar na leña, tirando ó chan dunha soa puñada unha das arbores máis grandes da fraga e levándoo ás costas ata a casa. Cando Chichi lle pregunta ó seu marido onde está Gohan, Goku dille que non sabe e marcha na súa busca coa nube Kinton.

Mentras tanto, un gandeiro está apañando un monte de palla cando ve pasar un meteorito que impacta preto de onde está el. Entón, vai coa súa furgoneta ata o lugar do incidente. Alá, descobre que non era un meteorito o que caíra, senón unha estraña bóla de metal. De súpeto a bóla ábrese e de dentro sae un home, que sae voando ata o exterior do cráter. O gandeiro, que leva unha escopeta, dille que se identifique e que saia da súa propiedade. O home estraño utiliza o seu scouter e le o nivel de forza do gandeiro, que é de 5. O gandeiro, ó ver que o home non lle fai caso, acaba abrindo fogo coa escopeta, pero o home misterioso para a bala coa man e lánzalla de volta. Despois, o scouter detecta un nivel de potencia alto e o descoñecido decide seguir o rastro berrando "Prepárate, Kakarot" ("ten que ser el" na versión galega).

Gohan Rio Abaixo

Goku intentando rescatar ó seu fillo

Ó mesmo tempo, Gohan está na fraga chamando polo seu pai, xa que se perdeu e está chorando cheo de mendo. Perseguindo unha bolboreta atópase cun tigre dentes de sabre, pero el faise o morto e o tigre marcha co seu chapeu, que ten unha bola de dragón. Son Gohan perségueo e cae por un cantil. Mentres cae desmáiase, pero cando recupera o coñecemento, está pendurado dunha árbore polo rabo. Segue avanzando e ve un paxariño pousado nun tronco que hai por riba dun penedo á beira do río. Gohan sobe ó tronco e saúda ó paxariño, pero este marcha voando e, cando Gohan tenta agarralo, o tronco cae do penedo e marcha río abaixo, co neno enriba. Naquel momento, Goku atopa o tigre que leva o chapeu do seu fillo e consegue recuperalo.

Gohan Pola

Goku atopa a Gohan sobre unha póla

Gohan segue indo río abaixo e ó chocar contra unhas pedras cae do tronco á auga e berra pedindo axuda ó seu pai e á súa nai. Goku chega coa nube e tenta collelo, pero cando está a piques de conseguilo, o río pasa por unha pequena cova e a nube kinton ten que virar cara arriba. Entón, tan á présa como pode atravesa unha meseta moi grande. A cova acaba nunha fervenza xigante pero antes de que Goku poida chegar, Gohan cae por ela. Pensando que o seu fillo caera, Goku disponse a saltar, pero detense cando sente uns choros por riba seu. É Son Gohan amarrado a unha póla dunha árbore que hai por riba da fervenza. Goku vai coa nube ata alá e non entende que ocorreu. Entón, pónlle o chapeu e dille se vai limpar, para que poidan ir a ver ó Mestre Mutenroshi, xa que Goku quedou cos amigos na súa illa.

Piccoro e Raditz

Piccoro atópase co home misterioso

Noutro lugar, o home misterioso vai voando cara algún lugar. Piccoro nota a súa enerxía, que se dirixe cara a el, pero pensa que se trata de Goku. o estraterrestre chega ante el e dille que pensava que era "Kakarot". Entón, le o seu nivel de enerxía (que é de 322) e comenta que se non se quere arrepenter, mellor que non o ataque. Aínda así, Piccoro pensa que o seu rival é un fachendoso que vai de farol e atácalle, pero non consegue facerlle dano algún. Por iso, cando o estraterrestre se dispón a contraatacar, o seu scouter detecta unha nova enerxía. O home misterioso di que agora seguro que é Kakarot e marcha voando. Piccoro está suando e respira con dificultade, xa que está aterrorizado pola forza daquel home, ó que atacou con toda a súa forza e non lle fixo nin unha rabuñadela.

O home misterioso segue voando cara á fonte de enerxía detectada e alí atópase con Goku, ó que lle conta que aínda recorda o día no que foi enviado á Terra.

PersonaxesEditar

  • Chichi
  • Son Goku
  • Raditz (Debut)
  • Son Gohan (Debut)
  • Piccolo